Decreto 282/2002, do 6 de setembro, polo que se establece o réxime xurídico das Licencias que habilitan para o exercicio da pesca nas augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

 

 

  Nos tramos fináis dos ríos existe unha zona de influencia marina que permite a coexistencia de especies específicas de cada unha das augas, ademáis doutras que, pola súa condición de migradoras, pasan unha parte da súa existencia nunhas ou noutras augas.

 

  As zonas estuáricas con frecuencia presentan os pescadores incertezas respecto das normas que resultan de aplicación en cada caso, pois resulta nalgúns casos dificultoso determinalo ámbito de eficacia das normas que regulan a pesca marítima e a fluvial.

 

  Nestas zonas, nas que se mesturan as augas continentais coas marinas, parece lóxico que sexa necesaria unicamente a disposición dunha soa licencia, que habilita o exercicio da pesca recreativa.

 

  Por outra banda, estímase que a pesca é unha actividade de grande interese social que reclama unha especial promoción por parte dos poderes públicos e é por iso oportuno arbitrar medidas que estimulen nos máis novos e nos maiores a práctica desta actividade.

 

  Por todo iso, e no uso das facultades previstas na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei1Í/1988, do 20 de outubro, por iniciativa dos conselleiros de Pesca e Asuntos Marítimos e de Medio Ambiente e por proposta do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública logo de deliberación do Consello da Xuntade Galicia na súa reunión do día 6 de setembro de 2002.

 

 

 

DISPOÑO

 

  Artigo 1°

  O exercicio recreativo da pesca * desde as beiras, nas áreas de desembocadura que se relacionan no anexo, esixirá dispor da licencia de pesca marítima ou fluvial, indistintamente.

 

  Ambas licencias habilitan, nestas zonas, para a pesca tanto das especies marítimas como das fluviais non anádromas.

 

  A pesca das especies fluviais anádromas esixirá dispor da licencia de pesca fluvial, eos seus correspondentes recargos.

 

  Artigo 2°

  Ñas zonas de desembocadura non relacionadas no artigo anterior, o límite superior será o que acaden as mareas vivas, e o inferior  a liña imaxinaria que une as puntas da embocadura en ámbalas marxes

 

  Artigo 3°

  Os horarios de pesca serán os establecidos na normativa de pesca fluvial.

 

  Artigo 4°

  En canto as modalidades e engados para a pesca serán os que resulten axeitados para cada especie, e que non estean específicamente prohibidos poral gunha disposición legal.

 

  As especificacións de cota de pezas para cada especie serán as que se establezan en cada normativa específica.

 

Disposición derradeira

 

Este decreto entrará en vigor os tres meses da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

 

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2002

 

 

ANEXO

 

 

 

* CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

Corrección de erros.-Decreto 282/2002,do 6 de setembro, polo que se estableceo réxime xurídico das licencias que habi-litanpara o exercicio da pesca nas augasde competencia da Comunidade Autóno-made Galicia.

 

Advertido erro no devandito decreto, publicado no DOGnº 192, do 4 de outubro de 2002, cómpre face laseguinte corrección:

 

Na páxina 14.378, no artigo 1, onde di: O exercicio recreativo da pesca desde as beiras, nas áreas de desembocadura que se relacionan no anexo, esixirá dispor da licencia de pesca marítima ou fluvial ,indistintamente

 

Debe decir :O exercicio recreativo da pesca, nas áreas de desembocadura que se relacionan no anexo, esixirá dispor da licencia de pesca marítima ou fluvial, indistintamente».